viernes, 4 de enero de 2008

Intro compartida "Malas Pécoras"

Vestinme de muller para ler o papel
pero os meus tacóns non podían con el
porque, muller ou non, sempre ando ó ras do chan
quixese ter un can tirando por min para non seguir nese plan
que me saque a pasear para ver o que eu non vexo
aínda que eles veno todo en blanco e negro.
Velo todo como unha peli antiga non pode estar tan mal,
iso está ben, pero os pés mellor paseando polo mundo real

Cós beizos colorados para cantar calquer canción
corbata, tirantes e tacóns, non hai mellor combinación
solapa, guantes de ladrón, para roubarvos a atención
se te teño ao meu lado, o porque si resulta máis doado
e por que non continuar se me segues no rimado?
Os mellores versos sempre saen en tensión
pero unha vez versados, comeza a diversión
un, dous, tres, catro faltan poucos minutos para o espectáculo
catro, tres, dous, un xa non falta ningún
espero que hoxe nos escoite máis de un.

No hay comentarios: