Boas noites a todos e todas, estades aquí reunidos para aguantarnos durante máis ou menos tres horas, broma...broma, uns cantos minutos que seguro nos perdoaredes porque xa hai confianza.
Preguntarédesvos que facemos as dúas en tal tesitura, pois ben, tan fácil como presentar na nosa casa, unha idea improvisada e tola que naceu precisamente aquí, neste sitio que nos reúne cada noite porque si. De feito, este é o nome que quixemos levar, o que mellor nos define, escribimos porque nos apetece e porque non todo ten por que ter explicación. Decidimos, as dúas, nunha noite de cañas e tequila, unir as nosas humildes ideas para levalas a un papel, porque si, e para facer partícipes disto aos máis nosos, vós, ou a todo o que lle praza escoitar.
Somos "porque si" porque se nos antolla, ao igual que se nos antolla intentar que disfrutedes un miudiño do noso, ese miúdo ao que hoxe adicamos estas letras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Bua! alédome un montón que esta iniciativa se poña en marcha.
ánimos animos
Publicar un comentario